Web actualizada hasta el 15/06/2007, fecha de finalización de la Acción Estratégica del MEC
Presentación
Organigrama
Oficina Técnica
Banco de datos
Investigación e Informes Técnicos
Divulgación científica
Normativa
Eventos
Enlaces
Dossier de prensa
Inicio
Buscar
Investigación Prestige

Ponse en marcha unha investigación para valorar os riscos xeoambientais na zona do afundimento do buque

Digna Mar Besadío Rodríguez | Vigo

Soledad García Gil, profesora do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio

Os dous fragmentos en que quedou dividido o Prestige localízanse a 3.600 metros de profundidade a proa e 3.800 a popa. Na Universidade iníciase agora un proxecto que ten como finalidade identificar e valorar os riscos sedimentarios e tectónicos na área do afundimento. Soledad García Gil, profesora do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, é a investigadora principal do proxecto.

O estudo forma parte dun proxecto coordinado integrado por tres subproxectos: o subproxecto 1, representado polo Instituto de Ciencias do Mar, CSIC, de Barcelona; o subproxecto 2, representado polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España IGME, en Madrid, xunto coa Universidade de Cádiz; e o subproxecto 3 correspondente á Universidade de Vigo.

A novidade deste proxecto radica en que se estuda en detalle a zona do afundimento e novas áreas adxacentes á mesma. A relevancia radica en determinar e valorar os posibles riscos xeolóxicos e o impacto ambiental desde unha perspectiva pluridisciplinar á problemática e optimizar ao máximo os datos obtidos ao obxecto de obter resultados de calidade, valorables e precisos.

O problema máis forte da zona do afundimento é que non había datos máis xerais cos que establecer estudos comparativos.

Trátase de realizar un estudo integrado da morfoloxía, estratigrafía e facies sedimentarias, tipos de fondos, estructuras tectónicas, migración de fluídos, propiedades físicas, xeoquímicas e xeotécnicas que caracterizan os sedimentos do fondo e subfondo submariño; asimesmo, ten como finalidade determinar a posible contaminación polo fuel do fondo e subfondo mariño e os procesos xeoquímicos actuantes en dita zona ao obxecto de valorar o impacto ambiental.

A hipótese de partida é que o Banco de Galicia é un releve xeoestructural con flancos de pendentes altas e morfoloxía superficial irregular que xeoloxicamente forma parte dunha marxe continental pasiva que mantén certa actividade tectónica e cunha arquitectura sedimentaria complexa. Esta complexidade xeolóxica reflexa a interacción entre procesos tectónicos, cambios do nivel do mar, unha fisiografía complexa debido ás características xeoestructurais locais existentes e variacións oceanográficas. Nestes casos de complexidade xeolóxicas para a valoración de riscos xeolóxicos é fundamental o estudo sedimentolóxico e tectónico das características do fondo e subfondo mariño.

Debido a que a carga de fuel aínda continua (37.000 toneladas) no buque fundido faise necesario o estudo encargado de certificar e determinar a presencia de fuel no sedimento do fondo e subfondo mariño e os procesos xeoquímicos actuantes no mesmo.

O equipo liderado por Soledad García vaise encargar sobre todo dos procesos de sedimentación e erosión máis recentes xeoloxicamente. Logo tamén coa extracción de distintos testigos (mostras de distintos puntos seleccionados) tentarase ver as características que teñen eses sendimentos: se son areas, fangos... pois dependendo da súa composición e tamaño varía a estabilidade. Neste senso, desde un punto de vista científico, os resultados previos obtidos polo equipo indican que un dos riscos máis importantes no medio consiste no deslizamento de grandes masas de sedimento disposto dun modo inestable na plataforma.

Texto publicado no Diario Universitario da Universidade de Vigo o 13/03/2004.

Cambiar idioma a: Castellano | English | Galego Mapa de la Web | Código deontológico
© 2003-2007 OTVM
Fecha: 22/09/2017
Oficina Técnica de Vertidos Marinos
Universidade de Vigo