Web actualizada hasta el 15/06/2007, fecha de finalización de la Acción Estratégica del MEC
Presentación
Organigrama
Oficina Técnica
Banco de datos
Investigación e Informes Técnicos
Divulgación científica
Normativa
Eventos
Enlaces
Dossier de prensa
Inicio
Buscar
Investigación Prestige

Comeza a creación dun plan de continxencia ante vertidos

Digna Mar Besadío Rodríguez | Vigo

Fernando Vázquez, director da oficina de I+D

A utilización de sistemas de información resulta crucial para a execución eficaz dun plan de continxencia ante vertidos mariños accidentais. Dende a Universidade acaba de pórse en marcha un proxecto que ten como obxectivo prioritario deseñar un sistema de información para a definición e execución deste tipo de plans. Trátase de realizar un sistema áxil, claro e seguro dirixido a que os diversos axentes involucrados na catástrofe teñan doado acceso á información que é relevante para tomar as decisión e realizar as acción das cales son responsables.

Fernando Vázquez, director da Oficina de I+D da Universidade, é o investigador principal deste proxecto. Segundo el, “parece lóxico pensar que a única forma de poder executar un plan de continxencia de maneira eficaz é dispondo dun sistema de información no que se poida plasmar dito plan e controlar a súa execución”. Este sistema de información debe estar accesible para todos os axentes involucrados na execución a través dos medios telemáticos de que dispoñan (rede privada, Internet, teléfono, radio, satélite, etc.). Ademais, o sistema tamén ha de ser capaz de obter e proporcionar acceso á información requirida para a toma de decisións e para executar as correspondentes accións. Esta información terá sido introducida previamente ou corresponderá a información que se captura de maneira manual ou automática durante a evolución da crise.

A execución de sistemas de continxencia baseándose en sistemas de información estivo presente desde fai tempo en plantas e redes industriais de alto risco (centrais nucleares, centrais térmicas, redes eléctricas, plantas químicas...). O seu emprego cobrou unha especial relevancia en diversas situacións de crise, das cales cabe destacar os problemas acaecidos en California respecto ao subministro de enerxía eléctrica, que a punto estivo de comprometer seriamente o subministro a millóns de cidadáns e causar cuantiosos danos na propia rede.

No ámbito da xestión de plans de continxencia asociados a desastres naturais (furacáns, terremotos, incendios, etc.) e ecolóxicos (vertidos mariños, emisións tóxicas...) o uso de sistemas de información é máis recente. Así mesmo, a definición destes plans resulta complexa xa que se trata de eventos que se producen sobre o entorno natural que é máis difícil de modelar e controlar.

Aínda que existen algúns grupos de investigación a nivel nacional e internacional que abordaron o problema de definición de plans de continxencia ou estudaron certos aspectos da detección, predicción e seguimento de vertidos; as referencia máis importantes no que se refire a sistemas de información para a xestión de plans de continxencia corresponden ás propias axencias que os xestionan. Nembargantes, resulta bastante común atopar estes proxectos enmarcados en proxectos de I+D nos que participan grupos de investigación universitarios. De todas maneiras, cabe destacar que a maioría das solucións dispoñibles céntranse na localización xeográfica do vertido e dos medios dispoñibles, mentres que outras se centran nos aspectos organizativos e loxísticos encamiñados á execución do plan de continxencia. Resulta difícil, sen embargo, atopar solucións que aborden o problema de maneira integral.

O proxecto, que ten un período de realización de tres anos, prevé ter perfeccionado a mediados do 2005 un prototipo do sistema de información que servirá de referencia para validar si se cumpren as necesidades xenéricas. Ademais, os expertos e usuarios potenciais poderán validar o prototipo e indicar as posibles deficiencias ou melloras identificadas. Baseándose nas suxestións recibidas, complementarase o desenvolvemento do sistema e prepararase para o seu despregue.

O equipo da Universidade encargado da realización deste proxecto reúne unha ampla experiencia no deseño e implantación de sistemas de información. Dispón ademais de tecnoloxías desenvolvidas e probadas en numerosas administracións públicas e empresas. Neste senso, cabe destacar o desenvolvemento de sistemas de xestión de expedientes de urbanismo, accesibles a través de Internet que integran a xestión administrativa (control do fluxo de traballo) co acceso a información cartográfica, de maneira que a información está vinculada e directamente accesible desde ambas visións do traballo. No equipo tamén se integran expertos en organización e loxística que son unha referencia no seu campo e amosaron a súa valía en numerosos proxectos con administracións públicas e empresas.

Texto publicado no Diario Universitario da Universidade de Vigo o 28/02/2004.

Cambiar idioma a: Castellano | English | Galego Mapa de la Web | Código deontológico
© 2003-2007 OTVM
Fecha: 22/09/2017
Oficina Técnica de Vertidos Marinos
Universidade de Vigo