Web actualizada hasta el 15/06/2007, fecha de finalización de la Acción Estratégica del MEC
Presentación
Organigrama
Oficina Técnica
Banco de datos
Investigación e Informes Técnicos
Divulgación científica
Normativa
Eventos
Enlaces
Dossier de prensa
Inicio
Buscar
Investigación Prestige

“A modelización das rías permitirá proporcionar respostas rápidas a situacións de emerxencia”

Dous profesores da Universidade crearán un sistema operacional

Noelia Beceiro Lodeiro | Vigo

Ramiro Varela Benvenuto e Gabriel Rosón, profesores na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo

As consecuencias da catástrofe do Prestige veríanse aumentadas se o fuel-oil entrase nas rías galegas, de aí nace o proxecto de investigación “Sistema español de oceanografía operacional: modelización das rías e da plataforma galega” adxudicado a Ramiro Varela Benvenuto e Gabriel Rosón, profesores na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.

A creación dun sistema español operacional capaz de proporcionar respostas oceanográficas o máis rápido posible é o principal obxectivo desta investigación englobada no “Plan de acción estratéxica sobre actuacións de I+D contra vertidos mariños accidentais”. Trátase, segundo os investigadores, de “ter unha idea clara de cara a onde van os vertidos nunhas condicións de mar e meteorolóxicas determinadas e que efecto poderían ter nas rías e na plataforma galega”.

Dito sistema consistirá nunha combinación de servicios baseados nun modelado numérico e na análise de datos oceanográficos, tanto históricos coma adquiridos en tempo real. Os servicios baseados en modelado numérico proporcionarán prediccións de toda clase de variables físicas, tanto meteorolóxicas coma oceanográficas, tales como vento, correntes, temperatura do mar, ondada ou nivel do mar. Ademais permitirán predicir a traxectoria e o comportamento de derrames u obxectos á deriva.

Estes códigos faranse operativos en tres niveles diferentes: o terceiro nivel, o modelo global, co fin de proporcionar condición sobre o entorno; os datos obtidos neste nivel estarían para intentar modelar situacións un pouco máis pequenas, todo o que é a plataforma noroeste galega, sería o segundo nivel ou modelo rexional; e o terceiro nivel, o local, onde os diferentes centros crearán servicios de moi alta resolución espacial capaces de cubrir todas as zonas litorais, ben por medio de aplicacións específicas en áreas de alto interese, ou ben por medios de despregamento rápido, sería o modelado das rías. Nunha primeira instancia o proxecto estaba pensado para modelar todas as rías galegas, pero o persoal co que se contaba nun principio para o desenvolvemento desta investigación veuse reducido a un tercio. Consecuentemente os obxectivos víronse diminuídos e a modelización levarase a cabo só na Ría de Arousa.

O desenvolvemento destes servicios esixirá un esforzo de investigación básica, especialmente no relativo a técnicas de modelado dalgúns dos procesos físicos, asimilación de datos e anidamento de modelos.

Os servicios baseados na análise de datos proporcionarán un acceso rápido á información procesada, necesaria para a toma de decisións en situacións de emerxencia.

A mediados de febreiro terá lugar a primeira toma de contacto en Madrid, e será a partir dese momento cando comece o desenvolvemento desta investigación. Os resultados da mesma non se limitarán a dar resposta nas situacións de crise senón que suporán un notable incremento do coñecemento das augas españolas e das ferramentas a disposición para o seu estudo.

Texto publicado no Diario Universitario da Universidade de Vigo o 24/01/2004.

Cambiar idioma a: Castellano | English | Galego Mapa de la Web | Código deontológico
© 2003-2007 OTVM
Fecha: 22/09/2017
Oficina Técnica de Vertidos Marinos
Universidade de Vigo