Web actualizada hasta el 15/06/2007, fecha de finalización de la Acción Estratégica del MEC
Presentación
Organigrama
Oficina Técnica
Banco de datos
Investigación e Informes Técnicos
Divulgación científica
Normativa
Eventos
Enlaces
Dossier de prensa
Inicio
Buscar
Investigación Prestige

A biorremediación pode ser eficiente se se aplica nas condicións e cos protocolos axeitados

Digna Mar Besadío Rodríguez | Vigo

Jesús Mirón, profesor asociado da Universidade e membro do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo

A biorremediación, como técnica de potenciación dos procesos naturais de biodegradación do petróleo unha vez os métodos mecánicos perderon eficacia, é un tema clave tras o accidente dun petroleiro. Jesús Mirón, profesor asociado da Universidade e membro do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, atópase inmerso nunha investigación que ten como principal obxectivo realizar un estudo en profundidade sobre as técnicas de biorremediación e os métodos químicos máis empregados en casos de derrame de petróleo.

A idea básica deste proxecto é recoller información sobre dous tipos de productos: os biorremediantes e os biodispersantes. No caso dos biorremendiantes, son productos que ao ser engadidos ao fuel favorecen o crecemento bacteriano, é dicir, a degradación biolóxica. No caso dos productos dispersantes (tipo xabón), o que fas é romper o fuel para que se disolva mellor e favorecer que poida ser “absorbido” por microorganismos. O principal problema é que este tipo de productos en moitos casos son tóxicos, sobre todo se se empregan en zonas próximas á costa, polo que a idea é aplicalos en pequenas cantidades en alta mar, onde ten menos problemas.

A investigación parte do suposto de que, pese á controversia existente acerca da biorremediación, o recurso pode ser eficiente si se aplica nas condicións e cos protocolos axeitados. Trátase de sistematizar e avaliar os tipos de productos e de formulacións de efecto disolvente e dispersante, englobados coma sistemas químicos de tratamentos de derrames para poder así propor criterios de actuación e aplicación.

Segundo os investigadores que forman parte desta investigación os problemas da biorremediación son máis ben de orde económico. A existencia de firmas comerciais que ofrecen formulacións de nutrientes específicas, consorcios de bacterias petroleolíticas ou ambos tipos de productos constitúen en principio un factor que facilita a curto prazo as cantidades axeitadas para tratamentos masivos. Sen embargo, de non mediar unhas condicións económicas razoables, e dada a necesidade de reiterar as aplicacións, a relación entre custe e beneficio pode ser desfavorable, en especial se as cepas utilizadas están habituadas a conidicóns diferentes (por exemplo a temperaturas máis altas) das do entorno obxectivo, caso no que a eficacia é escasa. Aínda sen darse acordo unánime ao respecto, existe así mesmo un bo número de referencias que sosteñen a esencial equivalencia entre as opción comerciais e a simple fertilización con nutrientes agrícolas que favorezan o desenvolvemento da microbiótica autóctona.

A investigación, cunha duración prevista de tres anos, dedicará este primeiro ano de traballos á obtención de criterios de avaliación de biorremedios e a comezar a recopilar, sistematizar e avaliar os tipos de productos e de formulacións que convén aplicar aos diferentes tipos de substratos, tarefa central dos dous anos seguintes. Ademais, realizarase tamén unha recopilación, sistematización e avaliación dos sistemas químicos de tratamentos (dispersantes, disolventes...). O traballo finalizará coa redacción de todos os criterios de aplicacións e a elaboración dunha guía de decisións para casos de derrames de petróleo.

Texto publicado no Diario Universitario da Universidade de Vigo o 27/03/2004.

Cambiar idioma a: Castellano | English | Galego Mapa de la Web | Código deontológico
© 2003-2007 OTVM
Fecha: 20/11/2017
Oficina Técnica de Vertidos Marinos
Universidade de Vigo