Web actualizada hasta el 15/06/2007, fecha de finalización de la Acción Estratégica del MEC
Presentación
Organigrama
Oficina Técnica
Banco de datos
Investigación e Informes Técnicos
Divulgación científica
Normativa
Eventos
Enlaces
Dossier de prensa
Inicio
Buscar
Investigación Prestige

A Universidade reforza a súa presencia nas investigacións

Participa en dez proxectos con máis de 800.000 euros de orzamento

Digna Mar Besadío Rodríguez | Vigo

Entrevistas con los investigadores
“A modelización das rías permitirá proporcionar respostas rápidas a situacións de emerxencia”
Investigadores da Universidade analizan os efectos do fuel en especies coma o mexillón, o percebe ou o ourizo
Por primeira vez estudase a variación xenética cuantitativa para estimar os efectos xenéricos da contaminación
Investigando novas ferramentas para unha rápida detección do fuel no mar e para previr os seus movementos
Investigadores da Universidade preparan un proxecto de detección, seguimento e representación cartográfica do fuel
Comeza a creación dun plan de continxencia ante vertidos
Unha investigación combinará estudos de campo e laboratorio para dar respostas concretas sobre o impacto do vertido
Ponse en marcha unha investigación para valorar os riscos xeoambientais na zona do afundimento do buque
Un estudo permitirá coñecer os efectos dos hidrocarburos na reproducción dos peixes
A biorremediación pode ser eficiente se se aplica nas condicións e cos protocolos axeitados

Un ano despois da catástrofe do Prestige, a Universidade sigue inmersa nun proceso de investigación no que o principal obxectivo é mellorar o coñecemento e a tecnoloxía relacionadas coas consecuencias de accidentes coma o deste buque. O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía vén de conceder agora a esta institución máis de 800.000 euros para a posta en marcha de dez proxectos de investigación cos que expertos de diferentes campos afondarán no estudio do impacto que o vertido tivo nas costas, nas fórmulas para a recuperación das zonas afectadas e na mellora dos sistemas de prevención.

Estes dez proxectos encádranse no “Plan de acción estratéxica sobre actuacións de I+D contra vertidos mariños accidentais” aprobado na reunión da comisión permanente da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía o pasado 13 de marzo. Resultado desta convocatoria de investigación veñen de aprobarse 79 novos proxectos de investigación(48 de carácter nacional e 31 con participación estranxeira) nos que participan un total de doce organismos e institucións (Instituto Español de Oceanografía, Consello Superior de Investigacións Científicas, Centro Tecnolóxico do Mar...) e dezaoito universidades (A Coruña, Santiago de Compostela, Barcelona, Politécnica de Madrid, Carlos III, Rovira i Virgili, País Vasco...)

A Universidade de Vigo é unha das institucións con maior número de proxectos concedidos e a que conta con máis proxectos con participación internacional. Ademais, nas súas instalacións alberga a Oficina Técnica de Coordinación contra Vertidos Mariños –creada ao abeiro da Acción Especial asinada pola Universidade e o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía- encargada de centralizar todos os datos e informacións xerados polos 79 grupos de investigación. Trátase non só de favorecer o intercambio de información entre os investigadores, senón da creación dunha base de datos na que se recollan todos os avances conseguidos.

O estudio da problemática asociada ao pecio (restos afundidos do buque); a aplicación da oceanografía operacional aos derrames de hidrocarburos; a distribución e dinámica de fuel-oil nos ecosistemas afectados; o impacto sobre os sistemas biolóxicos e o impacto socioeconómico do vertido son os principais obxetivos nos que se centran as diferentes investigacións.

O comportamento do fuel no pecio é o tema o que se dedican un maior número de proxectos (15) e tamén unha maior subvención (1.500.000 euros). Séguelle a distribución e dinámica de fuel-oil nos ecosistemas afectados (con 1.400.000 euros e 14 proxectos), un aspecto que inclúe a innovación de novos métodos de limpeza e os procesos de biorremediación.

O desenvolvemento de sistemas de observación e de predicción de variables meteorolóxicas e oceanográficas relevantes que faciliten o seguimento e a predicción das traxectorias e procesos de transformación do vertido é outro dos temas aos que se dedica un maior índice de inversión (1.200.000 euros). A avaliación do impacto sobre a biodiversidade e o deseño de plans de continxencia en relación con vertidos mariños son outros dos principais factores nos que se centrarán os investigadores.

“A consecución de dez programas de investigación por parte da Universidade é un síntoma de que existe un moi bo persoal científico nesta institución. Ademais, as tres universidades galegas quedaron moi ben situadas, algo especialmente positivo para a nosa comunidade”, explicou Federico Vilas, catedrático de Xeociencias Mariñas da Universidade e secretario da Comisión de Coordinación Científica.

As facultades de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química acaparan a maior parte dos proxectos. Sen embargo, investigadores doutras áreas contan tamén con proxectos de investigación entorno ao Prestige. Neste senso, dentro do ámbito das telecomunicacións, desenvolverase un sistema para a detección, seguimento e representación cartográfica de vertidos mariños. Ademais, investigadores da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, elaborarán un sistema de información para a definición e execución dun plan de continxencia ante este tipo de accidentes.

Texto publicado no Diario Universitario da Universidade de Vigo o 15/01/2004.

Cambiar idioma a: Castellano | English | Galego Mapa de la Web | Código deontológico
© 2003-2007 OTVM
Fecha: 20/08/2017
Oficina Técnica de Vertidos Marinos
Universidade de Vigo